O Foro Territorios Patrimonio é un foro internacional que cada ano reúne na Ribeira Sacra a algunhas das voces máis lúcidas do momento en cuestións como patrimonio, turismo sostible e futuro vitivinícola.
Un programa de conferencias e actividades dirixidas a profesionais da cultura, estudantes e público xeral con interese en profundar nos retos e oportunidades da Ribeira Sacra nunha contorna internacional.
O X Foro Territorios Patrimonio propón unha nova mirada sobre os territorios rurais como espazos vivos, capaces de conservar o seu patrimonio ao tempo que afrontan os desafíos do presente e do futuro.
Ao longo da xornada, o Foro Territorios Patrimonio reunirá administracións, profesionais, empresas, investigadores e proxectos de referencia para reflexionar sobre cuestións clave como o futuro dos patrimonios rurais, a comunicación responsable dos territorios, o equilibrio entre conservación e desenvolvemento, ou o papel que desempeñan as iniciativas locais na construción dun modelo sostible.
Nesta edición, a atención centrarase tamén en experiencias que forman parte da realidade da Ribeira Sacra, desde a convivencia entre a paisaxe cultural e as infraestruturas hidráulicas ata proxectos que demostran como o territorio pode xerar innovación, actividade económica e novas oportunidades sen perder a súa identidade.
Nun momento especialmente significativo para a Ribeira Sacra, inmersa na recta final da súa candidatura a Patrimonio Mundial da UNESCO, o Foro quere tamén poñer en valor o camiño percorrido ao longo destes anos. Máis aló da resolución, este encontro reivindica a importancia de seguir preservando o patrimonio e o territorio rural como un compromiso colectivo e de longo percorrido.
Como en edicións anteriores, o Foro estenderá o debate ao propio territorio cunha visita ao Encoro de Belesar e a unha adega da Ribeira Sacra, dous espazos que exemplifican o equilibrio entre patrimonio, paisaxe, aproveitamento dos recursos e actividade vitivinícola.
O X Foro Territorios Patrimonio propón así un espazo de reflexión sobre como construír territorios capaces de preservar o seu patrimonio, impulsar novas oportunidades e manter o equilibrio entre identidade, desenvolvemento e futuro.
• María Paz Rodríguez Rivera — Directora Xeral de AGADER
• Anxo M. Lorenzo — Director Xeral de Cultura
• Luis Fernández — Presidente do Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra
• Carlos Montilla — Director do Foro Territorios Patrimonio
• Marisol Díaz Mouteira — Directora Xeral de Patrimonio Natural, Consellería de Medio Ambiente
• Rosa Ana Suárez De La Puente — Responsable del área de Operación Remota, Presas y Concesiones de Hidráulicas en Naturgy
• Marina Serrano — Presidenta de AELEC
• Iván Gómez — Bodegas Regina Viarum, Director del grupo Hogomar y segunda generación de la familia fundadora
• Modera: Marcos Pérez Gulín — Fundación Galicia Rural Sustentable
–
–
• María José Imia — Responsable de comunicación de Turismo de Galicia
• Lara López — RTVE, ex directora de Radio 3
• Miguel Conde-Lobato — Presidente fundador de BapConde
• Carlos Montilla — Director do Foro Territorios Patrimonio
• Modera: Sara Meijide — Xefa de contidos de Radio Lugo Cadena SER
• María Paz Rodríguez Rivera — Directora Xeral de AGADER
• Manuel Rodríguez — Director da Fundación Ría
• Marco Sousa — Director do Departamento Operacional de Turismo do Porto e Norte de Portugal
• Luis Fernández — Presidente do Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra
• Modera: Alexandra Seara — Xerente do Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra
Encontro posterior entre público, colectivos locais, institucións e relatores, acompañados dun viño
–
Acompañados por responsables de Naturgy, patrocinadores do Foro Territorios Patrimonio
–
Saída do Parador de Monforte cara a Doade.
Francisco Magide Bizarro – Concelleiro de Cultura e Turismo de Parada de Sil
María Jose Yravedra Soriano – Bodegas Ronsel do Sil
Rafael Mata Olmo – Catedrático de Análise Xeográfica Rexional da Universidade Autónoma de Madrid.
Saída de Santa Cristina de Ribas de Sil e regreso ao Parador de Monforte.
Doade S/N,