Foro Territorios Patrimonio

VII FORO TERRITORIOS PATRIMONIO

13-14 DE NOVEMBRO DE 2023

VI FORO TERRITORIOS PATRIMONIO

A VI edición do Foro Territorios Patrimonio, celebrada os días 20 e 21 de decembro de 2022 no Parador de Monforte de Lemos, serviu para poñer de novo a Ribeira Sacra no centro do debate, valorar o estado da candidatura a Patrimonio da Humanidade e potenciar os valores patrimoniais e paisaxísticos doutros territorios, como Álava ou Valencia, para xerar sinerxías entre eles, buscando incentivar un turismo sostible.

Nesta edición do Foro Territorios Patrimonio, quixemos expor algunhas das cuestións que máis van marcar o devir da zona desde un punto de vista turístico, ambiental, vinícola, gastronómico, patrimonial, de experiencias, de sustentabilidade e de futuro.

Queremos trazar cuestións que axuden aos actores e sectores da zona para expor as súas estratexias de traballo nun medio-longo prazo, contribuír a xerar lazos de colaboración con outros territorios da humanidade, atraer outros puntos de vista e maneiras de traballar e establecer sinerxias de presente e futuro, como xa se fai desde a orixe deste foro.