VI FORO TERRITORIOS PATRIMONIO
O Foro Territorios Patrimonio é un foro internacional que cada ano reúne na Ribeira Sacra a algunhas das voces máis lúcidas do momento en cuestións como patrimonio, turismo sostible e futuro vitivinícola. Un programa de conferencias e actividades dirixidas a profesionais da cultura, estudantes e público xeral con interese en profundar nos retos e oportunidades da Ribeira Sacra nunha contorna internacional

A súa celebración terá lugar o 20 e 21 de decembro de 2022 en Monforte de Lemos
En esta edición do Foro Territorios Patrimonio, queremos expor algunhas das cuestións que máis van marcar o devir da zona desde un punto de vista turístico, ambiental, vinícola, gastronómico, patrimonial, de experiencias, de sustentabilidade e de futuro.
Queremos trazar cuestións que axuden aos actores e sectores da zona para expor as súas estratexias de traballo nun medio-longo prazo, contribuír a xerar lazos de colaboración con outros territorios da humanidade, atraer outros puntos de vista e maneiras de traballar e establecer sinerxias de presente e futuro, como xa se fai desde a orixe deste foro.
Priorizarase que participen presencialmente o maior número de profesionais posible. En canto aos asistentes, dispoñerase dun número de prazas presenciais, o resto de interesados poderá asistir e participar de todos os relatorios e mesas redondas a través dun sistema virtual.
Mesas & Relatores
O Foro Territorios Patrimonio quere servir como centro de debate e catalizador das tendencias de presente e futuro. Un ambicioso programa de charlas, mesas redondas, catas e actividades que se desenvolverá en formato híbrido: presencial + virtual.
HORIZONTE PATRIMONIO DA HUMANIDADE
RIBEIRA SACRA. Proceso e situación
EXPERIENCIAS TERRITORIO. Cómo xerar sinerxías entre territorios
PAISAXES PATRIMONIO. Experiencias Patrimonio da Humanidade dende a perspectiva dos valores paisaxísticos e patrimoniais
HABITAR O PATRIMONIO. Patrimonio da Humanidade e Dereitos Cidadáns.
TERRITORIOS RURAIS. Panel de Experiencias.
A Ribeira Sacra como centro do debate sobre o futuro do turismo cultural e da riqueza patrimonial como dinamizadora do territorio




