CARLOS MONTILLA
Director do Foro Territorios Patrimonio
Profesional da xestión cultural con máis de anos de experiencia e programador de espazos e festivais.
Ten un posgrao en xestión cultural pola UOC e actualmente é o xerente de I-Radia Crea, unha das empresas máis destacadas do sector cultural dentro da programación musical de artistas internacionais, que tamén traballa na planificación e estratexias doutros proxectos.culturais.
Previamente, puxo en marcha outras iniciativas no ámbito cultural como Nonsí Servizos Culturais, Teatro da Gavela, ou o espazo gastro-artístico Kunsthalle. Como promotor musical traballou con destacados artistas como: The National, Primal Scream, Belle & Sebastian, Imelda May, Natalia Lafourcade, Lila Downs, Charlatans, Ocean Color Scene, The Divine Comedy ou The Jesus And Mary Chain entre moitos outros. .
Dirixiu festivais como: Madrid Music City, Foliada de Lalín, Lapso Music Experience ou Festivalín e colaborou con moitos outros como SOS 4.8, Festival Noroeste.
Actualmente dirixe o XVII festival da Ribeira Sacra. Creador de ciclos de concertos como Voices, Sons Ferrol, Músicas Abertas ou As Matinés do Principal.
Como produtor e manager musical traballou en numerosos países e para diferentes institucións.
MARGARITA PÉREZ RODRÍGUEZ
Concelleira de Muller e Igualdade do Concello de Monforte.
Representante institucional do Concello de Monforte de Lemos.
MANUEL Mª CHAÍN PÉREZ
Técnico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
Nacín en Cedeira, no ano 1962. Estudiei Arquitectura na ETSA da Coruña e realicei un máster en patoloxía e restauración arquitectónica na UDC en 1995.
No ano 1988 encomecei a traballar na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
Desde o ano 2011 ata o 2024 ocupei o posto de subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Na actualidade ocupo un posto de arquitecto facultativo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Teño realizado múltiples traballos e asumido responsabilidades relacionadas coa supervisión e xestión de plans, programas, proxectos e intervencións de protección e conservación dos bens culturais de Galicia.
PALOMA VÁZQUEZ FERNÁNDEZ
Xefa da Área de Turismo da Xefatura Provincial Lugo
Paloma Vázquez Fernández (Lugo, 1963)
Licenciada en Xeografía e Historia, especialidade en Historia da Arte Moderna e Contemporánea (USC 1986)
Experta en Xestión de Patrimonio e Bens Culturais (UDC 2001)
Funcionario do alto corpo administrativo da Xunta de Galicia
Xefa da Xefatura Provincial de Turismo de Lugo
MARIO CRECENTE
Director de Crecente Asociados
Mario Crecente é doutor en Arquitectura e director de Crecente Asociados, empresa dedicada á activación dos máis diversos Patrimonios, a través dun Turismo responsable, creativo e planificado.
É coordinador da candidatura Ribeira Sacra á Lista do Patrimonio Mundial, xunto con Ana Goy (†), directora científica.
Tamén é profesor de xestión do patrimonio turístico da Universidade da Coruña.
MANUELA PORTO
Corresponsal de Onda Cero en Monforte de Lemos
Xornalista.
Levo relacionada co mundo da radio desde 1991.
Nalgunha época, compaxinando tamén prensa escrita e televisión local. Vinculada a Onda Cero os últimos 10 años, producindo, dirixindo e presentando o programa local para Monforte e comarca, para a Ribeira Sacra «Más de Uno Monforte de Lemos», e os informativos locais.
FRANCISCO JAVIER SÁNCHEZ
Xefe de Xardíns e Bosques do Padroado da Alhambra e o Xeneralife (Granada)
Enxeñeiro Forestal pola Universidade Politécnica de Madrid. Traballo no sector público como funcionario da Xunta de Andalucía desde 1990. Durante máis de 30 anos, dediqueime á xestión de espazos protexidos, sendo Director de Conservación do Parque Natural de Los Alcornocales (1990-1998) e Director do Parque Nacional de Sierra Nevada (1999-2019). Desde 2019, traballo para o Padroado da Alhambra e o Generalife, onde fun Xefe do Servizo de Xardíns, Bosques e Hortas en 2022.
RUBÉN CAMILO LOIS
Catedrático de Análise Xeográfica e Rexional da USC, especializado na Ribeira Sacra
VicePresidente da Uniâo Geografica Internacinal (UGI) e Catedrático de Geografia da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista em Geografia Urbana, Cultural e Politica, foi professor convidado nas universidades de Le Mans, Caen e Toulouse-Le Mirail (França), Bergen (Noruega), Messina (Italia) e Federal de Bahia-UFBA (Brasil). Também foi Diretor do Centro de Estudos Eurorrregionais Galiza-Norte de Portugal, constituído pelas seis universidades públicas da Eurorregiâo (Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, UTAD, Minho e Porto).
Investigador Principal de vários projetos Internacionais e da Uniâo Europeia, onde destacam SIESTA (do Observatório Territorial Europeu) e diversios Interreg de cooperação transfronteiriça Espanha-Portugal. Autor de preto de 200 livros, e capítulos de livro (em galego-portugés, espanhol, francês, inglês, Italiano e japonês) e mais de 160 artigos em revistas acadêmicas. Entre estas destacam, Scripta Nova, Boletin de la AGE, Finisterra, GOT, Annales de Géographie, Sud-ouest Européen, Die Erde, European Planning Studies, Land, Use & Policy, Tourism Geographies, Mobilities, Territory, Politics and Governance, Sociologia Ruralis e Gender, Place & Culture. Orientou 40 Teses de Doutoramento e mais de 80 de Mestrado. Foi Decano da Facultade de Geografia e Historia da Universidade de Santiago, Secretário de Turismo da Galiza (2005-2009), Membro da Diretiva da Asociacion de Geografos Españoles (1997-2011 e desde 2017 ate hoje) e fundador da Orde de Geografos da Espanha (1999). Membro da Academia Nacional Arxentina de Gegrafia
XAVIER QUINTANA POU
Catedrático de Ecoloxía do Insititut d’Ecoloxía Aqùatica da Universidade de Girona
Son profesor de Ecoloxía e director da Cátedra de Ecosistemas Costeiros Mediterráneos da Universidade de Xirona. Estudo o funcionamento ecolóxico das lagoas, albufeiras e humidais mediterráneos, especialmente as lagoas costeiras e as lagoas inundadas estacionalmente. Tamén dirixín varios proxectos de restauración ecolóxica de humidais costeiros en zonas con forte presión turística.
MANUEL GAGO
Director do Consello da Cultura Galega
Doutor en CC. da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, é director de culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega, profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Desenvolve numerosas actividades proxectos no ámbito da divulgación cultural e científica. Nos últimos anos, ten comisariado exposicións sobre a historia e a cultura galegas, como Ao pé do lar. Memorias de cociña no Museo do Pobo Galego, Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura, Alba de Gloria de Castelao: unha experiencia para o Consello da Cultura Galega, Galicia, un relato no mundo, a primeira das exposicións do Xacobeo 2021, ou o proxecto expositivo Cidades no tempo, con sete mostras sobre a historia e identidade das cidades galegas.
Como divulgador do patrimonio cultural galego, promove e participa en numerosos proxectos arqueolóxicos e recuperación do patrimonio cultural galego. Entre as súas publicacións dedicadas ao patrimonio cultural atópase o ensaio Herdeiros pola forza. Poder, patrimonio cultural e sociedade na Galicia do século XXI (2013).
CRISTINA DE LA TORRE
Xestora Cultural e colaboradora da Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada
(1977, A Rúa). Cristina de la Torre é comunicadora, realizadora audiovisual e xestora cultural. Ten traballado en prensa escrita, radio e televisión como xornalista. Dirixiu e produciu documentais como Apartado 12, Santpoalla ou Aquí medra a lingua. Dende hai máis dunha década dedícase, ademais, á creación e asesoramento de proxectos culturais moi conectados co territorio, como Vidas Mariñeiras, Pantasmas de Oza, Camiños Falados ou Dicionario da Fala Valdeorresa.
Vive entre A Coruña e Valdeorras, e sempre que pode desvíase por Chantada, onde dí ter o seu terceiro fogar. Alí colabora dende os seus inicios co proxecto de creación do Museo Manuel Jorge, futuro Centro de Cultura Contemporánea da Ribeira Sacra.
JOSE ANTONIO QUIROGA
Museo Etnográfico de Arxeriz
J. Antonio Quiroga Díaz, nado no Saviñao é Licenciado en Xeografia e Historia, foi profesor de secundaria en diferentes centros e director da Escola Taller «Terras do Saviñao» (1993-1996).
Actualmente é Presidente da Fundación Xosé Soto de Fión desde 2024 promotora do Ecomuseo de Arxeriz do cal é director desde o seu inicio en 2004, adicandose ao estudio, protección e divulgación da cultura, paisaxe, patrimonio e lingua galega, nomeadamente da Ribeira Sacra.
JUAN LUIS MÉNDEZ ROJO
Adega Vía Romana
Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, complementou os seus estudos co programa PADE no IESE e o programa de Xestión de Empresas Vitícolas no Instituto de Empresa, o que lle permitiu combinar a visión empresarial cos coñecementos técnicos do sector.
Ao longo da súa carreira, desenvolveu unha sólida traxectoria como emprendedor, empresario e CEO, impulsando proxectos relacionados co viño, as bebidas espirituosas e a hostalería. Desde moi novo, liderou iniciativas que hoxe forman parte do panorama vitivinícola galego, nacional e internacional.
Entre as empresas que fundou están ViniGalicia (1996), Adegas e Viñedos Vía Romana (1997), Terriña (1995) e Atlantic Galicia Spirits (2012), así como proxectos innovadores no campo das bebidas premium como Galician Original Drinks (2015), Mediterranean Original Spirits (2016) e Vía Atlántica (2020). Actualmente é director xeral de Vinícola de Chantada, ViniGalicia, Terriña, Adegas e Viñedos Vía Romana e Vía Atlántica.
O seu traballo valeulle varios premios, como o Premio Coruña Emprende, o Premio AMJE Galicia Emprende, o Premio á PEME do Ano de Lugo, así como distincións á Innovación e á Exportación. En 2013, foi nomeado «Persoa do Ano» polo xornal El Progreso na sección de Economía.
Tamén é membro do Padroado da Universidade de Santiago de Compostela, onde contribúe a promover o tecido empresarial galego e a fortalecer a conexión entre o mundo académico e o produtivo.
Hoxe, Juan Luis Méndez Rojo continúa a guiar o legado familiar coa mesma paixón coa que comezaron os seus pais e avós, mantendo viva a esencia da viticultura gallega e comprometido cun futuro onde o viño siga sendo un símbolo de cultura, identidade e orgullo para Galicia.
MARÍA JOSÉ YRAVEDRA SORIANO
Bodegas Ronsel do Sil
Desde unha perspectiva histórica, nunca considerei inicialmente converterme en viticultor. Quizais a restauración dunha antiga adega en Ribeira Sacra e o meu amor pola viticultura sexan consecuencia e fusión das miñas experiencias en arquitectura e os valores culturais do viño que aprendín da miña familia.
Meu pai e mentor, Gabriel Yravedra, redactou o Estatuto da Viña e do Viño de 1970, o concepto de DO, baseado na conexión que debe existir entre as características do produto e a zona xeográfica, renovando e desenvolvendo a primeira lei de Denominacións de Orixe e o catastro vitivinícola. Desenvolveu o control das DO no Instituto Nacional de Denominacións de Orixe (INDO). Posteriormente, exerceu como presidente da OIV (Oficina Internacional da Viña e do Viño) de 1991 a 1994, sempre defendendo a pureza e a calidade do viño e destacando a viticultura en España. Por todas estas razóns, os meus pais crearon un fogar cheo de experiencias vitais rodeados de grandes viños e grandes amigos, que che enchían a alma.
Despois de estudar Arquitectura e completar un doutoramento en Arquitectura do Viño, publicar o libro Arquitectura e Cultura do Viño en 2003 e completar un Máster en Viticultura e Enoloxía en Madrid en 2006, hai 20 anos, meu marido e eu tivemos a oportunidade de iniciar o proxecto da Adega Ronsel Do Sil. Unha adega ás beiras dos canóns do Sil, unha síntese de arquitectura, paisaxe e experiencias vinícolas. Así, dun xeito artesanal e case heroico, comezamos a elaborar viño e a poñer en práctica a miña paixón polos viños auténticos.
ALEXANDRA SEARA SOBRIÑO
Xerente Consorcio Turismo Ribeira Sacra
Xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra dende 2009, asume diversos proxectos relacionados coa dinamización do xeodestino, a promoción da marca ou a creación dun produto turístico. Entre os máis recentes, o Plan de Sostibilidade Turística que se executará no período 2020-2023, os convenios do Pacto da Paisaxe da Ribeira Sacra e outros relacionados co Plan de Ordenación da Paisaxe Cultural da R.S. promovido pola Xunta de Galicia. Coordina a implantación de sistemas de calidade no destino e o proxecto MOVES sobre mobilidade turística.
Licenciada en Turismo, Máster en Planificación e Xestión de Turismo de Interior e de Saúde e Máster en Educación Secundaria, imparte clases de Graos de Turismo pola Universidade de Vigo e seminarios de ciclos de Formación Profesional vinculados ao sector turístico.
XOSE MANUEL MERELLES
Dierctor de Turismo de Galicia
Licenciado en Xornalismo na Facultade de Ciencias de la Información da Universidade Complutense de Madrid (1991). Realizou cursos de doutoramento nesta Institución docente acadando a sufieciencia investigadora.
Redactor do xornal La Región entre os anos 1987 e 1989, foi xefe de sección no xornal Ourense Diario 1989-1990 e redactor en Xornal Diario, de Pontevedra 1990-1991.
Foi redactor no Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia entre os anos 1991 e 1996 e logo desenvolveu a Xefatura de Comunicación na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, así como as relacións cos medios de comunicación da Presidencia da Sociedade Galega de Medio Ambiente, SOGAMA (1996-1999).
Desde xaneiro de 1999 ocupa a Xefatura da Área de Comunicación, primeiro da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, e da Axencia Turismo de Galicia na actualidade.
Neste posto xestiona tamén o desenvolvemento das campañas de Publicidade de Turismo de Galicia e das contas nas redes sociais deste departamento da Xunta.
O 4 de xullo de 2023, Xosé Manuel foi nomeado director da Axencia Turismo de Galicia, cargo que desempeñou ata o 15 de xaneiro de 2024, cando integrouse na lista electoral do Partido Popular ao Parlamento de Galicia. Reincorporouse ao seu posto como director da Axencia o 25 de abril de 2024, asumindo con renovado compromiso a tarefa de impulsar o turismo de Galicia.
JONATHAN GÓMEZ PUNZÓN
Dierctor Xeral de Turismo do Concello de Málaga
Unha figura destacada en estratexia turística, innovación e gobernanza de destinos. Con máis de 25 anos de experiencia en xestión en institucións públicas, destinos de primeiro nivel, organizacións como a OMT e empresas como Four Seasons, axudou a dar forma a proxectos e políticas turísticas nos cinco continentes. Como director xeral de Turismo de Málaga, a cidade transformouse nun centro cosmopolita, cultural e gastronómico cun enfoque desestacionalizado e sostible a través da implementación dun modelo global de turismo intelixente, liderando proxectos pioneiros que empregan tecnoloxía blockchain, big data, NFT, intelixencia artificial e experiencias inmersivas. Tamén foi oficial de enlace internacional na OMT, promovendo redes e iniciativas público-privadas globais aliñadas cos ODS e o desenvolvemento turístico.
Liderou outros destinos turísticos en España e participou en proxectos para máis de 20 gobernos en América, Asia e Oriente Medio, xunto a empresas consultoras como Boston Consulting Group, Bain & Company e Oliver Wyman. Ten un doutoramento internacional en Turismo e estudos de posgrao da London School of Economics, ETH Zurich e Johns Hopkins, entre outras.
DIEGO CARREIRA
Xerente da axencia de viaxes Verdant Experiences e Guía Turístico Oficial de Galicia.
Nado na provincia de Ourense, é licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo, completando parte da súa formación académica en Finlandia e nos Estados Unidos. Ten unha carreira profesional que abrangue diversos sectores e rexións de España, así como o estranxeiro, concretamente na República Checa.
Tras varios anos de experiencia laboral fóra da súa terra natal, en 2017 fundou a axencia de turismo receptivo Verdant Experiences, centrando a súa actividade principalmente na Ribeira Sacra e na provincia de Ourense. Co obxectivo de reforzar a súa especialización no sector turístico, obtivo a certificación como Guía Oficial de Turismo de Galicia, profesión que exerce desde principios de 2020.